“AS ABELLAS DE OURO”
de Xosé Lesta Meis
Tal e como acontece en moitos momentos das nosas vidas, e como dice o refraneiro popular, as árbores non nos deixan ver a fraga. A pequena xoia que Lesta Meis deixou coas súas “Abellas de ouro” (1930) é un exemplo disto. Lesta Meis que marchou a Cuba sendo ben novo soubo o que era a morriña pola terra e polas súas xentes e o seu facer. Na emigración embarcouse na súa andanza nacionalista. Vencellado ás Irmandades da Fala participará no 1923 nunhas conferencias co tema “A nosa psicología”, a nosa, a galega, esa que é imposible obviar neste pequeno libro de descripcións de mulleres labregas e que dende Galicia costa recoñecer. Nestas “Abellas de ouro” a psicoloxía do galego, e máis que nada a da “galega” que aparece perfectamente perfilada na vida de trece mulleres galegas que en tempos da emigración viven e Galicia, e dicimos trece porque inda que dous dos relatos titúlanse “O tío Manuel” e “O siño Mingos”, no fondo son as mulleres que comparten vida con estes homes as que realmente sosteñen os relatos.
Dende a súa perspectiva de home observador -lembremos que despois dunha formación autodidacta Lesta Meis adicouse ó xornalismo, levando dende
Nestas páxinas Lesta Meis, coruñés nacido en Eirís, fálanos de Ánxela que fai as tarefas da casa, coida os fillos e que a pesar das miserias ten sempre un sorriso nos beizos, da siña Gabriela que mira polos netos orfos e polo seu pai como se fora a súa nai sen que os anos e maila vellez a paren, da siña Dominga que saca uns pesiños coidando os nenos da aldea para sair adiante ela e máis o home enfermo e postrado, ó que lle di con agarimos cando se lle queixa da carga que é para ela: “<
Todas estás personaxes extrecrúzanse na mente do lector e dan vida á paisaxe social galega, onde a muller e o pilar fundamental. Ela traballa dentro e fora da casa, fai comidas, coida os nenos, merca, vende, pasa mil “traballiños” para manter a flote a economía doméstica, que é en definitiva a nai de todas as economías. Elas que como ironiza Lesta Meis serven ás señoritas da cidade ( A Señora Jerónima, a lavandeira, despois de traballar a reo todo o día terá que esperar para entregar a colada porque “a señorita está ocupada”), son varudas, fortes e non solo de corpo, senón de mente, algo que Lesta Meis confesa tamén no preludio da obra cando afirma: “Sempre me conmoveu fondamente a vida das nosas mulleres da aldea: tan traballadas, tan resignadas, tan bondadosas, tan resistentes. Por unha cousa non lles queda a outra. Las atenden ó da casa máis ó de fora. Para elas non hai cansanzo. Nada as rende: nada as fai ceder. Desde pola mañá astra a noite non teñen paraxe. Moitas veces teñen que face-los labores cun fillo no colo e outro a cegar…”.
Perfílase pois nesta obra ó saber facer das labregas galegas da época, ó fronte das tarefas máis duras, que se levan nembargantes con decisión e moitas veces inda cun cantar nos beizos. Elas, que xa no tempo en que se escribiu as “As abellas de ouro” falaban da independencia feminina por boca da vella Siña Farruca: “(…) como aquel perdevidas do Raposo, Vai a muller buscalo con bos modos e trátaa daquela maneira. A culpa tena ela. Eu non facía vida con el. Deixábao que o comera xuncras. Outra cosa non merecía. (…)”, todas elas representan pois, máis que ninguén, o poder do matriarcado galego, ese que mantivo e inda hoxe mantén a flote moitos fogares, un matriarcado marcado pola forza, polo valor e sobre todo polo amor ós seus, porque en definitiva este parece ser para Lesta Meis, o segredo que xamáis fai virar o barco dunha muller galega.
Cristina Corral Soilán
Mimadriña!!! ti non paras rapasa.
ResponderEliminar